As “coanhadeiras” eran en algunas zonas, as personas (ou a mesma basoira empregada) para separar e recoller os restos que quedaban na aira nas “mallas”.
Esta Coanhadeira musical nace en Ourense no ano 2006, tratando tamén de recoller eses restos da “malla” que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis. Xurde inicialmente como grupo de “gaiteiros”, cunha base e sons eminentemente tradicionais, tanto na formación como nos “escearios” percorridos, chámense festas, romarías e demais eventos lúdico-musicais.
A transformación e a adaptación se cadra están na mesma base da tradición, mais este principio non é sempre ben interpretado. No noso caso, a formación clásica dalgún de nós e a experiencia doutros na música tradicional e folc, mestúranse coas inevitábeis e insconcentes influenzas musicais actuais de todo tipo. Engádense instrumentos “non tradicionais”, e sérvese todo cun claro entimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros “engadidos” .
1 Gargantiña
2 Carvalhesa de Vinhais
3 Tres bágoas
4 Camiño das lebres
5 Un
6 Caixa de cordas
7 Pendello sen cobertura
8 Serán en Liñares I
9 Serán en Liñares II
10 Regueifa de Castris
11 O testamento da árbore
0 comentarios:
Publicar un comentario